Categoría: | Restaurante |
Localización: | Praia da Maladena s/n, 15622, Cabanas (A Coruña) |
Teléfono: | 693204533 |
Email: | info@lospinares.eu |
Web: | Abrir enlace |
Referencias noutras webs: |
Tres xeracións dedicadas ao mundo da hostalaría aválannos. Somos unha empresa de hostalaría situada na Praia de Cabanas, onde ofrecemos servizo de comidas, bebidas, xeados, cafés, cócteles, comidas para grupos, comida para levar, organización de festas e eventos, etc. Damos un servizo aos veciños de Cabanas, peregrinos do Camiño Inglés, visitantes e usuarios da praia en xeral.
Somos un chiringuito onde a innovación, a sustentabilidade e o local forman parte da nosa filosofía. Innovamos na forma de relacionarnos co comensal, a través da carta presentando a nosa oferta, no ritmo de local e na forma de concibir a sala.
Levamos a cabo un consumo sustentable utilizando sempre produtos locais. Somos membros do programa Come ou Mar, impulsado polo Grupo de Acción Costeira de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia e o MAGRAMA. O único chiringuito da praia con distintivo Chiringuito Responsable, otorogado pola Fundación Biodiversidade (tamén pertencente ao MAGRAMA). Estamos formados e avalados pola Asociación de Celíacos de Galicia para a elaboración de menús sen glute.
A nosa cociña é galega con produto local, sempre fresco e da mellor calidade, sen apenas manipulacións, conservando así todas as súas propiedades organoelépticas.
Pratos como a Paella Cabanesa (única), a Tortilla (disque é a mellor do mundo), as sardiñas a catro tempos ou o raxo estilo lugués? unido a unha privilexiada situación, ambiente tranquilo e acolledor convértennos nun lugar ideal para comer, cear, relaxarse e vivir unha experiencia gatronómica única gozando da brisa do mar.
O ambiente festivo dáse sobre todo nas foliadas, con música tradicional e actuacións en vivo. Contamos tamén con servizos como: take away, consigna, prensa e lectura, Wi-Fi, aparcadoiro de ciclos, aseos abertos ao público, cargadores de móbil na propia mesa, hamacas colgantes ou a comodidade dos nosos cenadores.
Todo iso fai que Chiringuito Os Piñeirais conforme un aceno de identidade propia, un lugar con personalidade, con concepto e con alma. Queremos ser un sitio ao que che apeteza entrar, quedarche (moito intre) e volver (moitas veces).
O noso principal obxectivo de calidade é a satisfacción dos nosos clientes. Queremos ademais contribuír a reforzar o atractivo da praia que nos acolle.
Somos conscientes de que estamos situados nun geodestino (o Golfo Ártabro), e debido ao constante fluxo de visitantes de diferentes nacionalidades a nosa oferta gastronómica é presentada con cartas en diferentes idiomas. Ademais dispomos dunha carta específica para nenos e outra para celíacos, así como marcaxe de pratos aptos para vexetarianos e veganos.
Tentamos ser uns bos embaixadores de Cabanas, a casa dos traballadores e un sitio de benestar e seguridade para todos os nosos clientes.