Acredita a túa empresa

Unha marca que acredita aloxamentos, empresas de restauración, axencias e todo tipo de actividades turísticas de calidade enfocadas ás familias.

Queres formar parte? Únete!
Se tes un establecemento ou desenvolves unha actividade de calidade aptas para familias, indícanos os teus datos e detallarémosche os requisitos específicos para formar parte da rede de Galicia Destino Familiar. Desta maneira ganarás visibilidade e contarás cun selo e marca de garantía de calidade como establecemento enfocado a familias.

Unha acreditación con multitude de vantaxes

Recoñecemento de calidade familiar

O uso da marca certifica que os teus servizos posúen un valor diferencial para as familias.

Maior visibilidade

Se formas parte de Galicia Destino Familiar, sitúache como establecemento familiar diferencial fronte a outros.
Desta maneira os teus clientes potenciais poden localizarte máis facilmente.

Maior promoción

Beneficiarache das accións específicas de promoción e publicidade de Galicia Destino Familiar, así como da súa plataforma de busca de destinos e ofertas para familias (Web + App).

Participación na mellora do sector

Forma parte da construción da marca Galicia Destino Familiar: mantente informado, opina, participa no cambio e contribúe á mellora do sector.

Fácil e rápido

Un sistema de adhesión sinxelo, claro e directo que consigue as máximas garantías das empresas adheridas.

Maior presenza

Aparición na plataforma Web e App, difusión a través das redes sociais de Galicia Destino Familiar e presenza nos demais soportes de promoción, notas de prensa...

Para quen?

Aloxamentos
Restauración
Axencias e intermediarios
Oferta complementaria:
Actividades culturais, invernais, náuticas, natureza, deportivas, ocio, museos, guías turísticas, transporte...

Como formar parte?

  1. Solicitar unirse ó programa.
  2. Enviar cubertas a solicitude e a declaración de autoavaliación que previamente remitirase.
  3. Se cumpres os requisitos, entrarás a formar parte de Galicia Destino Familiar. Recibirás o documento acreditativo e o manual de uso da marca nas túas comunicacións. A túa actividade incorporarase ás plataformas Web e App, e demais accións de difusión da rede.
  4. Estarás en disposición de poder publicar as ofertas que desexes en Galicia Destino Familiar.

Beneficios da rede de Galicia Destino Familiar

Xestión directa

Accede directamente á información da túa actividade de cara ós clientes e publica as ofertas que desexes.

Plataforma Web e App

Unha web e app cun potente buscador de actividades e ofertas onde situar o teu establecemento para o público familiar.

Difusión

Campañas de publicidade e promoción, notas de prensa, redes sociais do programa, acordos con organizacións de índole familiar...

Acreditación de calidade

Se formas parte de Galicia Destino Familiar, a túa calidade queda acreditada, un seguro para os teus clientes e un aval para o teu sector.

O proxecto

Galicia Destino Familiar ten como principal obxecto a adopción de mecanismos que permitan a situación de Galicia como destino de referencia en turismo para as familias, mediante unha estratexia común por parte dos establecementos especializados no segmento familiar, de forma que o público obxectivo poda identificar os hoteis, restaurantes, casas de turismo rural... que dispoñan de instalacións, oferta de actividades u outros servizos adaptados e pensados para familias.

Os obxectivos de Galicia Destino Familiar son os seguintes:

  • Situar Galicia como destino de turismo familiar
  • Conformar un proxecto vertebrador que afecte ós distintos elos da cadea de valor
  • Desenvolver o potencial de fidelidade do turismo familiar
  • Promover e impulsar actuacións tendentes a reducir a estacionalidade do sector
  • Favorecer a cooperación entre entidades que cumpran as necesidades específicas deste segmento

Contacta connosco

Enderezo:
Clúster Turismo de Galicia
Cidade da Cultura de Galicia - Monte Gaiás s/n, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña
Email: contacto@galiciadestinofamiliar.gal
Teléfono: 881 247 436

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016 (RXPD), e da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía de Dereitos Dixitais (LOPDPGDD), facilitámoslle a seguinte información que debe ler antes de enviar o formulario de recollida de datos:

Responsable do tratamento dos datos de caracter persoal:

Asociación Empresarial Clúster de Turismo de Galicia (G70377338)

Finalidades do tratamento::

Os datos persoais facilitados vanse a utilizar para a inclusión na base de datos do selo Galicia Destino Familiar, para a xestión de actividades no marco do selo, informar as accións que realice o mesmo e en xeral aquilo que se considere de interese para os usuarios.

Lexitimación:

Consentimento do interesado

Destinatarios:

Non se cederán datos a outras empresas, salvo obligación legal

Dereitos:

Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional.

Pode consultar a información adicional detallada no condicionado que está no reverso, e tamén na Política de Protección de Datos que figura na páxina web: http://www.clusterturismogalicia.com/privacidad

Documentación

Galicia Destino Familiar é unha iniciativa do Clúster de Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia, e os promotores dende o 2016 foron:

  • Asociación Provincial de Agencias de Viaje de Pontevedra (AVIPO)
  • Asociación Rede Galega de Albergues Turísticos (AGALBER)
  • Centro Español de Nuevas Profesiones (CENP)
  • Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS)
  • Hotel Bahía de Vigo S.A.
  • Federación de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (FEPROHOS)
  • Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR)
  • Viajes Fisterra S.L. (InterRías)