Pode acceder á política de privacidade do clúster de turismo de Galicia no seguinte enlace http://clusterturismogalicia.com/privacidad/.
Ó acceder ó noso sitio web e utilizar os nosos servizos, vostede recoñece que leu e comprendeu a presente política de privacidade, así como as prácticas de recompilación e tratamento da información que se describen nela.
Efectuaranse cambios periodicamente na presente política de privacidade polo que lle recomendamos que a revise con regularidade para manterse informado de calquera actualización.
Galicia Destino Familiar é un servizo na rede que proporciona ós usuarios (vostede) información acerca das empresas turísticas galegas adheridas, así como das súas ofertas, actividades e lugares que visitar próximos ás mesmas. O noso sitio web, as propiedades para dispositivos móbiles e as aplicacións relacionadas (colectivamente, o noso Sitio Web) son propiedade do Clúster de Turismo de Galicia, correspondéndolle a el a súa xestión.
O contido facilitado a través deste Sitio Web emítese simplemente con efectos informativos sobre os establecementos que teñan como público obxectivo principalmente a familias. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, o Clúster de Turismo de Galicia non garante a inexistencia de errores no contido deste espazo web, e que se encontre totalmente actualizado.
O Clúster de Turismo de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que se puidesen ocasionar do uso ilexítimo o inadecuado das ferramentas e información contidas no Sitio Web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten de aplicación das disposición legais ás que deban someterse no estrito exercicio das súas competencias.
O Clúster de Turismo de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión o contidos dos enlaces a páxinas externas sobre a que non ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas de dichos enlaces.
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son de titularidade do Clúster de Turismo de Galicia.
A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
Esta licencia non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Sitio Web e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de Propiedade Intelectual ou calquera outra lei aplicable.
A persoa usuaria comprométese a facer un uso deste sitio web de conformidade co presente aviso legal e a non desenvolver actividades contrarias ás leis, á mora ou ó orde público.
A presente Política de privacidade describe detalladamente a nosa política e as nosas prácticas en relación coa recompilación, o uso e a divulgación de información sobre vostede.
Entendemos que proporcionar información na rede implica un alto grado de confianza pola súa parte. Por iso, tomámonos esta confianza moi en serio e é a nosa máxima prioridade garantir a seguridade e a confidencialidade da información persoal que nos proporciona cando visita o noso Sitio Web ou cando utiliza os nosos servizos.
Nós recibimos e almacenamos calquera información que vostede introduza no noso sitio web ou que nos facilite de calquera outra maneira nun ficheiro de datos, que recompila datos persoais, debidamente rexistrado, de conformidade co establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía de Dereitos Dixitais.
A información persoal inclúe a información que nos proporcione: nome, dirección de correo electrónico, contrasinal, número de fillos e tipo de familia.
Pode optar por non nos proporcionar esta información persoal, pero en xeral é necesario que nos facilite estes datos sobre vostede para que poida acceder con maior facilidade ás ofertas orientadas ó seu perfil.
Quedan sempre a salvo os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos dirixíndose por mail a contacto@galiciadestinofamiliar.gal
De maneira automática, recompilamos determinada información do seu ordenador ou dispositivo cando visita Galicia Destino Familiar. Por exemplo, recompilaremos os datos da sesión, incluída a dirección IP, o software do navegador web e o sitio web remitente. Tamén é posible que recompilemos información acerca da súa actividade en liña, como o contido visualizado, as páxinas que se visitaron e as procuras e/ou reservas que se facilitaron ou realizaron. Un dos nosas obxectivos ó recompilar esta información automática é comprender mellor os intereses e as preferencias dos nosos usuarios para poder personalizar a experiencia do usuario.
Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir cookies que utiliza o sitio web, que en ningún caso empréganse para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:
Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme ás condicións de prestación do servizo de Google Analytics.
Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, pulse aquí.
Recordámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou elimínense as cookies, posto que o indicador de denegación gárdase nunha cookie.
É posible que Galicia Destino Familiar comparta a súa información coas entidades seguintes:
Tamén é posible que compartamos a súa información se consideramos, a nosa total discreción que dicha divulgación é necesaria:
Tamén é posible que compartamos información anónima ou agregada con terceiros. Por exemplo, podemos dicirlles ós nosos organismos financeiros o número de visitantes que recibe o noso sitio web ou os establecementos, actividades ou ofertas máis populares. Esta información non contén ningún tipo de información persoal e utilízase para desenvolver contidos e servizos que esperamos sexan do seu interese.
É posible que gardemos determinada información asociada coa súa conta nos nosos arquivos, incluída a que se require para propósitos de análises ou para conservar a integridade da documentación rexistrada. Os períodos durante os cales gardamos a súa información dependen do propósito para o que se recompilou e o uso ó que se destine.
Non gardaremos a súa información persoal máis tempo do necesario para os nosos propósitos de xustificación das actividades desenvolvidas ante os organismos financeiros ou para dar debido cumprimento ó que recolla a lei. É posible que gardemos determinada información durante un período de tempo despois de que cerrase a súa conta connosco, por exemplo, se dicha información é necesaria para cumprir as nosas obrigas legais ou para exercer, defender ou establecer dereitos legais.
Pode optar por non nos proporcionar a súa información persoal, aínda que é posible que sexa necesaria para poder desfrutar de determinadas características que se ofrecen en Galicia Destino Familiar.
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido pola Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía de Dereitos Dixitais e demais normativa de aplicación.
Desexamos que se sinta seguro ó utilizar Galicia Destino Familiar e comprometémonos a protexer a información que recompilamos. Aínda ningún sitio web pode garantir integramente a súa seguridade, aplicamos e mantemos medidas físicas, administrativas, técnicas e organizativas apropiadas para protexer a información persoal que nos proporciona fronte ó acceso non autorizado ou ilegal, o uso da divulgación, e contra perdas, danos, alteracións ou destrucións accidentais. Por exemplo, solo os empregados autorizados poden acceder á información persoal, e solo poden facelo para levar a cabo funcións empresariais permitidas.
Galicia Destino Familiar é un sitio para o pública en xeral e non ofrece servizos dirixidos ós nenos. En caso de que saibamos que unha persoa menor de 14 anos enviounos información persoal, eliminaremos ou destruiremos dicha información tan pronto como sexa razoablemente posible.
É posible que o noso sitio web inclúa enlaces a sitios web de terceiros. Se accede a outros sitios web desde os enlaces que se proporcionan no noso sitio web, é posible que os operadores de dichos sitios web recompilen información sobre vostede e que a utilicen de acordo coa súa política de privacidade, que pode diferir da nosa política de privacidade. Recomendámoslle que examine as declaracións de privacidade publicadas neses outros sitios web para coñecer os seus procedementos á hora de recompilar, utilizar e divulgar a información persoal.
Galicia Destino Familiar pode cambiar ou modificar a presente Política de privacidade no futuro. Na parte inferior desta páxina indicaremos a data na que se realizaron as últimas revisións á presente política de privacidade, e todas as revisións terán efecto inmediatamente despois da súa publicación. Notificaremos ós nosos membros de todos os cambios importantes que se realicen na presente Política de privacidade mediante o envío dun aviso á dirección de correo electrónico que proporcionou ou mediante a publicación dun aviso no noso sitio web. Recomendámoslle que consulte a presente política de privacidade periodicamente para revisar a versión máis actual.
A lei aplicable en caso de disputa o conflito de interpretación dos termos que conforman esta política de privacidade, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do Sitio web, será a lei española.
Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita ó Sitio web ou do uso dos servizos que nel se ofertan, o órgano titular do sitio web e o usuario acordan someterse ós xuíces e tribunais de Santiago de Compostela.
Se ten algunha pregunta acerca da presente Política de privacidade, póñase en contacto connosco a través de: contacto@galiciadestinofamiliar.gal