Un ano máis, tivemos a oportunidade de dar a coñecer Galicia como un destino para gozar en familia da man do Clúster de Turismo en #FITUR2019.O escaparate perfecto para mostrar o selo, dar a coñecer aos nosos asociados e revelar todos os avances do proxecto que se conseguiron a base de moito traballo e ilusión.
Foi unha semana de presentacións, reunións, de descubrir recunchos e novos proxectos acerca de Galicia e é que a nosa terra sempre nolo pon fácil.Se quen a coñece non quere marcharse por algo será, non?
Esperámosvos para que vivades as mellores experiencias e momentos das vosas vidas in situ, aquí, en Galicia e en familia.
#galiciadestinofamiliar #galiciaelmejorlugar #tienesquevivirla #fitur2019