Galicia Destino Familiar
Clúster Turismo de Galicia
  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
    • Español
    • English
    • Português

Establecemento: Hotel La Terraza

Compartir:
Categoría: Hotel
Localización: A Carreira. 4, 15630, Miño (A Coruña)
Teléfono: 657629292
Email: reservas@hlaterraza.com
Web: Abrir enlace
Enlace reservas: Abrir enlace
Referencias
noutras webs:
Facebook
Instagram
Descripción

Hotel A Terraza atópase no municipio costeiro de Miño (A Coruña) e ofrece o servizo de hospedaxe e almorzo. Situado no centro urbano da localidade e próximo a distintos bares e locais de comida, é un aloxamento ideal para gozar das tranquilas praias de area dourada de Miño, visitar as Rías Altas e coñecer as Fragas do Eume.

As instalacións contan con 23 dormitorios con baño propio e zonas comúns, unha área de aparcadoiro gratuíto e WIFI en todas as habitacións. A nosa forma de entender o turismo consiste en priorizar o descanso dos nosos clientes, a súa comodidade e o trato personalizado a un prezo alcanzable.

Comprometidos co turismo familiar poñemos a disposición dos nosos hóspedes8 bicicletas de distintas tallas, xoguetesinfantilesy un comedor para servir o almorzo a base de zume, café e infusións, queixos, marmelada, manteiga, froita, iogur e pan galego, unha aposta moi persoal para unha estancia agradable connosco.

Coas últimas reformas en 2017 elimináronse barreiras arquitectónicas e adaptado un dormitorio para persoas con mobilidade reducida. Tamén se renovaron algunhas habitacións e zonas comúns.

Miño posúe unha localización privilexiada de gran valor paisaxístico e natural entre as Fragas do Eume e a Reserva daBiosfera (Mariñas Coruñesas-TerrasdoMandeo), con opcións gastronómicas atractivas nunha contorna mariñeira, ben comunicado pola autovía A-6 e a autoestrada AP-9, tamén se pode chegar en autobús, tren ou avión co aeroporto da Coruña a 20 minutos.

Para aqueles interesados no turismo urbano, Hostal A Terraza está situado no corazón das Rías Altas, a 25 minutos das cidades da Coruña e Ferrol, a 10 minutos de Betanzos e Pontedeume, e a 45 minutos de Santiago de Compostela. A zona permite combinar distintas modalidades de turismo sen grandes desprazamentos: praia e natureza, gastronomía e cultura desde Miño.

Ofertas do establecemento
Nestes momentos non hai ningunha oferta activa
Servizos
  • Camas supletorias
Actividades
Bicicletas gratis

Hostal A Terraza pon a disposición das familias de 8 bicicletas de montaña de distintas tallas, de forma totalmentegratuíta para que nenos e adultos poidan gozar dos arredores de Miño, percorrer un tramo do Camiño de Santiago, visitar as praias, a ruta do ríoLambre ou as Fragas do Eume.

: Dende 3 anos
: NON
  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
  • Legal & Cookies
  • Área privada

Unha iniciativa do Clúster de Turismo de Galicia