O 14 de novembro tivo lugar o acto de entrega dos certificados do selo "Galicia Destino Familiar" na Capela do Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.
Foi un acto diferente a todo o feito anteriormente xa que contamos coa presenza non só de todos os nosos asociados, senón tamén da clase de 2º de primaria do Colexio Flavia Padrón, que tiveron un papel importante no devandito acto. Puideron converterse en xornalistas por un día e preguntar ás nosas asociados curiosidades acerca dos seus traballos e do que implica ser maior. Porque como todos sabemos, a ser maior tamén hai que aprender e que mellor maneira que contando coa experiencia dos nosos asociados. Profesionais que loitan día a día por facer de Galicia un destino para gozar en familia.
Grazas a todos por formar parte dun día tan importante e especialmente pola vosa pertenza ao selo.
#galiciadestinofamiliar
#entregadeplacas