Converter Galicia nun destino

para gozar en familia

Unha marca que acredita aloxamentos, empresas de restauración, axencias e todo tipo de actividades turísticas de calidade enfocadas ás familias.

galicia-destino-familiar-def-sello-19

Queres

formar

parte?

Se tes un establecemento ou desenvolves unha actividade de calidade apta para familias, achéganos os teus datos e pronto saberás os requisitos específicos para formar parte da rede:

Unha acreditación con multitude de vantaxes

Recoñecemento de calidade familiar

O uso da marca certifica que os teus servizos achegan un valor diferencial para as familias.

Achega visibilidade

Se formas parte de Galicia Destino Familiar, posiciónaste como establecemento familiar diferencial fronte a outros.

Deste xeito os teus clientes potenciais poden localizarte de un modo máis sinxelo.

Maior promoción

Beneficiaraste das accións específicas de promoción e publicidade de Galicia Destino Familiar, así como da súa plataforma de busca de destinos e ofertas para familias (web + App).

galicia-destino-familiar-18

Participación na mellora do sector

Forma parte da construción da marca Galicia Destino Familiarmantente informado, opina, participa no cambio e contribúe á mellora do sector.

Fácil e rápido

Un sistema de adhesión sinxelo, claro e directo que consegue as máximas garantías das empresas adheridas.

Maior presenza

Aparición na plataforma web e app, difusión a través das redes sociais de Galicia Destino Familiar e presenza nos demais soportes de promoción, notas de prensa etc.

Para quen?

Aloxamentos

Restauración

Oferta complementaria: actividades culturais, invernais, náuticas, de natureza, deportivas e de lecer, museos, guías turísticas, transporte...

Axencias e intermediarios

Como formar parte?

1. Solicitar unirse ao programa.

 

2. Enviar cubertas a solicitude e a declaración de autoavaliación que previamente se remitirá.

 

3. Se cumpres os requisitos, entrarás a formar parte de Galicia Destino Familiar. Recibirás o documento acreditativo e o manual de uso da marca nas túas comunicacións. A túa actividade incorporarase ás plataformas web e app, e demais accións de difusión da rede.

 

4. Estarás en disposición de poder publicar as ofertas que desexes en Galicia Destino Familiar. 

Beneficios da rede

galicia-destino-familiar-12

Xestión directa

Accede directamente á información da túa actividade de cara aos clientes e publica as ofertas que desexes.

galicia-destino-familiar-11

Plataforma web e app

Unha web e app cun potente buscador de actividades e ofertas para o público familiar na que situar o teu establecemento.

galicia-destino-familiar-20

Difusión

Campañas de publicidade e promoción, notas de prensa, redes sociais do programa, acordos con organizacións de índole familiar etc.

galicia-destino-familiar-21

Acreditación de calidade

Se formas parte de Galicia Destino Familiar, a túa calidade queda acreditada, un seguro para os teus clientes e un aval para o teu sector.